Galaicontrol nace en Vigo en 1987 como laboratorio de ensaios.
O que comezou como un laboratorio para o control de calidade na construción evolucionou en tres divisións operativas: laboratorio, enxeñaría do terreo e enxeñaría de proxectos.
Galaicontrol constitúese en Vigo no ano 1987 e nace como laboratorio de ensaios para o control de calidade no sector da construción. A progresión no interese xeral pola calidade, a demanda crecente que supoñían uns proxectos privados cada vez máis ambiciosos e o reto de modernización das infraestruturas públicas, déronlle azos ao desenvolvemento dunha empresa que pretendía dar resposta a esas necesidades.
Este alento permitiu a Galaicontrol evolucionar e adaptarse ás esixencias da evolución tecnolóxica, cultural e empresarial, asumindo a calidade como factor estratéxico primordial para a competitividade da empresa. Efecto da súa adaptación aos cambios é a propia diversificación das súas actividades.
Hoxe estrutura a súa organización en tres divisións formadas por un equipo de aproximadamente 100 profesionais con ampla experiencia, que funcionan coordinadamente e que lle permiten, utilizando os medios idóneos e o capital técnico máis sobresaínte, asegurar a calidade nos sectores en que traballa.
Tres divisións operativas — laboratorio, enxeñaría do terreo e enxeñaría — funcionando de xeito coordinado baixo o mesmo teito desde 1987.
Equipo Galaicontrol
Acreditacións.
02 · Acreditacións
GALAICONTROL, SL — Laboratorios inscritos no Rexistro do Código Técnico da Edificación e HABILITADOS como LECCE con número de rexistro no CTE GAL-L-021 (Vigo), GAL-L-014 (Arteixo) e GAL-L-088 (Allariz) e número de rexistro na Xunta L-15-017-DR (Vigo) e L-15-018-DR (Arteixo), segundo Declaración Responsable ante a Xunta de Galicia, RD 410/2010.
01
EHA · EHC · EHF
Área de control do formigón, dos seus compoñentes e armaduras de aceiro.
Ensaios e probas para determinar as características do formigón en masa ou armado e dos materiais que o constitúen: cementos, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos.
Vigo
EHA — Nº 15035 EHA 07B
A Coruña
EHC — Nº 15028 EHC 06B
02
GTC
Sondaxes, tomas de mostras e ensaios «in situ» para recoñecemento xeotécnico.
Sondaxe, toma de mostras do terreo, probas e ensaios «in situ» de carácter básico para o recoñecemento xeotécnico dun terreo.
Vigo
GTC — Nº 15035 GTC 07B
03
GTL
Ensaios de laboratorio de xeotecnia.
Ensaios para a identificación do terreo, a avaliación das características de resistencia e deformación, e da agresividade do mesmo, con aplicación ao cálculo de cimentacións e estruturas de contención.
Vigo
GTL — Nº 15035 GTL 07B
A Coruña
GTL — Nº 15028 GTL 06B
04
VSG
Solos, áridos, mesturas bituminosas e materiais constituíntes en viais.
Ensaios e probas para determinar características de ligantes bituminosos, rechedos, capas granulares, solos estabilizados e gravas tratadas, regos e mesturas bituminosas.
Vigo
VSG — Nº 15035 VSG 07B
A Coruña
VSG — Nº 15028 VSG 06B
05
Acústica
Homologación para medicións de contaminación acústica e vibracións.
Habilitación para a realización de medicións de contaminación acústica e vibracións, así como plans de vixilancia.
Sen rexistro numérico asignado
Selos e certificacións do sistema de xestión.
03 · Selos
Galaicontrol mantén certificados os sistemas de xestión da calidade e de xestión ambiental. Fai clic en cada selo para ver o certificado e o alcance.
ISO 9001:2015
Sistema de xestión da calidade certificado por Bureau Veritas. Alcance: laboratorio de ensaios para o control de calidade na edificación e obra civil. Aplica ao centro de Vigo.
Ver certificado
ISO 14001:2015
Sistema de xestión ambiental certificado por Bureau Veritas. Mesmo alcance que a ISO 9001: laboratorio de ensaios do centro de Vigo.
Ver certificado
Falamos da túa obra
Precisas un orzamento para a túa obra ou un estudo?
Cóntanos que precisas e contestámoste en 24-48 h laborables cun alcance e un orzamento orientativos.