Servizos · 01

Laboratorio de ensaios acreditado.

Non descoidamos a saúde das obras: o noso laboratorio marca os máis altos estándares no control de materiais usados na construción. Acreditados como LECCE para Vigo, Arteixo e Allariz.

Probeta de formigón en ensaio de compresión

Ensaios

Ensaios físicos, mecánicos e químicos.

Para a execución dos ensaios físicos, mecánicos e químicos dos materiais utilizados, dispoñemos de analistas especializados en toma de mostras e ensaios, que aseguran a súa idoneidade no cumprimento das normativas de aplicación.

  • Ensaios para xeotecnia
  • Ensaios para viais
  • Ensaios de materiais de construción e albanelería
  • Ensaios de unións soldadas — END (PT, MT, VT e UT)
  • Ensaios de formigón estrutural
  • Ensaios de aceiro estrutural

Solicitar orzamento

Traballo de laboratorio

Probas de servizo

Control in situ: instalacións, acústica, infraestruturas.

Centradas no mundo da calidade, as nosas probas in situ céntranse en instalacións, acústica, infraestruturas urbanas, auscultación de pilotes e patoloxías. Actuamos tanto a nivel de control de execución como de probas de servizo.

Desde as instalacións básicas dun proxecto de edificación (electricidade, fontanaría, calefacción, comunicacións, ventilación), pasando por probas de estanqueidade en fachadas e cubertas. Estudamos o comportamento acústico dos materiais unha vez colocados, medicións de ruído ambiental interior e exterior, e asesoramos tecnicamente durante a execución.

  • Probas in situ de instalacións
  • Certificados de illamento acústico
  • Realización de probas de carga en edificación
  • Arrincamento de bulóns

Solicitar orzamento

Probas de servizo

Inspección e reparación

Redes de saneamento — cámara de inspección e reparación interior.

Cámara de inspección en tubaxes de ata 1600 mm. Unidade de vídeo interior concibida para tubaxes de ata 1600 mm, composta por un sistema de tracción con cámara de cabezal xiratorio. O equipo complétase cun furgón de apoio técnico desde o que se visualizan e analizan os datos (lonxitudes, pendentes, perfís das condución) para a súa posterior visualización en PC ou televisión.

Cámara de inspección 40 – 200 mm. Para tubaxes de pequeno diámetro. Conta con saída de vídeo para capturar o sinal desde calquera gravador externo e almacenar as inspeccións directamente en formato MPEG.

Reparación interior con packer. A reparación interior consiste en recubrir a cara interior da tubaxe cunha manta de fibra de vidro sobre a cal se aplica unha resina de dous compoñentes, o que proporciona unha resistencia óptima para conseguir un selado perfecto.

Fresado de tubaxes. Elimínanse restos de raíces de árbores, obstrucións calcarias, graxas, acometidas sobresaíntes e todo tipo de sedimentos ao tempo que se dá unha solución á rotura causada sen necesidade de obra civil.

Solicitar orzamento

Inspección de redes de saneamento

Auscultación de pilotes

Cross-hole CSL-1 e impedancia sónica.

O ensaio de Cross-hole ou sondaxe ultrasónica permite apreciar a homoxeneidade e integridade do formigón entre os puntos de emisión e recepción dun ultrasón, así como a detección e localización de posibles anomalías.

Galaicontrol conta co equipo de auscultación «Crosshole CSL-1», que destaca non só pola súa precisión á hora de descubrir a idoneidade do formigón a estudar, senón tamén pola súa precisión á hora de localizar a posición da incidencia detectada. Dispoñemos así mesmo de equipo para realizar probas de impedancia sónica en pilotes.

Solicitar orzamento

Auscultación de pilotes

Outras áreas relacionadas.

Xeotecnia

Xeotecnia, xeofísica, sondaxes, micropilotes.

Ir á área →

ECC · CTE · Eficiencia

Verificación CTE, eficiencia enerxética, instalacións deportivas.

Ir á área →

Medioambiente

Gas radón, medicións acústicas, vixilancia ambiental.

Ir á área →