Servizos · 02

Xeotecnia.

Xeólogos altamente cualificados analizan os parámetros que definen o comportamento do terreo ao servizo da cimentación e a estrutura, tanto en obra terrestre como marítima. Xeotecnia e xeofísica baixo o mesmo equipo.

Sondaxe xeotécnica real Galaicontrol

Os nosos servizos abranguen a determinación das características do terreo para valorar o seu comportamento baixo a acción de cargas provocadas por unha estrutura, así como a avaliación dos parámetros para o deseño de cimentacións, muros, estabilidade de taludes, etc. Sondaxes, penetracións, ensaios de solos, asesoramentos previos e durante a execución da obra, xeotecnia offshore son algunhas actividades específicas da nosa división xeotécnica.

Obras terrestres

Estudos previos e supervisión a pé de obra.

En obra civil, edificación e obras hidráulicas, realizamos os estudos previos das zonas para adecuar as necesidades xeotécnicas á futura obra (optimizando custos), así como a elaboración de proxectos e a supervisión dos traballos a pé de obra.

Obras marítimas

Plataformas, peiraos e todo tipo de obras litorais.

Execución de estudos xeotécnicos para a análise de estabilidade e comportamento a curto e longo prazo de plataformas, peiraos, pantaláns e todo tipo de obras litorais, avaliando os posibles riscos a consecuencia das accións climáticas, probas de carga, etc.

Xeotecnia

Comportamento do terreo baixo as cargas proxectadas.

A realización por parte dun xeólogo, como técnico cualificado, do estudo xeotécnico que acompaña calquera proxecto de edificación ou obra civil baséase na aplicación dos preceptos básicos legais requiridos para definir o comportamento do terreo ante as cargas proxectadas e a natureza da solución de cimentación.

  • Estudos de estabilidade e sostemento de taludes
  • Ensaios in situ
  • Instrumentación e auscultación (inclinómetros, liñas continuas de asento e clinómetros)
  • Auscultación de pilotes (cross-hole, impedancia sónica)
  • Ensaios SPT
  • Sondaxes xeotécnicas

Solicitar orzamento

Xeofísica

Estudo da Terra desde o punto de vista da física.

A xeofísica abrangue todos os fenómenos relacionados coa estrutura, condicións físicas e historia evolutiva da Terra. En Galaicontrol realizamos:

  • Técnicas eléctricas: tomografía eléctrica, tomografía eléctrica mariña, potencial espontáneo, polarización inducida…
  • Técnicas electromagnéticas: sondaxes electromagnéticas, calicatas electromagnéticas, georadar
  • Técnicas sísmicas: sísmica de refracción, sísmica de reflexión, Down-Hole e Cross-Hole, sísmica pasiva (REMI e MASW)
  • Outras técnicas: gravimetría, sismoloxía, magnetometría, radiometría

Solicitar orzamento

Traballo en obra.

Outras áreas relacionadas.

Laboratorio de ensaios

Formigón, aceiro, viais, unións soldadas, acústica.

Ir á área →

Construción

Pozos de auga, micropilotes e ancoraxes con BERETTA T-57.

Ir á área →